I
Julio 28, 2009
Teño unha terra, é.
Ou eso din
—a terra mai, ou nai, a terra mãe—,
mas eu non a atopéi.
Galiza, ¿onde estiveches
cando te chaméi?
¿Onde andabas
por ti cando berraba?
Hei eu morrer, é.
E sei, e sei…
A miña terra é
por riba a que me boten
no día aquel…
E mai-lo cachiño que andaron
os meus pés.